En este momento estás viendo MIRACHES? I ENCONTRO AUDIOVISUAL BAIONETA IEAVB

PRESENTACIÓN DO PROXECTO

Co gallo de nos coñecermos e promover os diversos proxectos audiovisuais da bisbarra, dende a Sétima Onda propoñemos esta modesta xuntanza coma o primeiro dunha serie de encontros da xente do sector e de escaparate cara a veciñanza. O evento propón unha xornada adicada a indagar no panorama actual da produción e difusión de pezas audiovisuais por equipos da zoa. Os temas a tratar son variados e van dende as técnicas de gravación e edición, ás canles de exhibición e difusión; dende as pequenas pezas de principiantes e aficionados, ás grandes producións do emerxente sector en Galicia.

A asociación cultural 7ª Onda somos un grupo heteroxéneo de xente con inquedanzas culturais en tódolos frontes, entre eles o cine. Mais exactamente o cine experimental e a serie B. Hai catro ou cinco anos que fundamos unha pequena produtora audiovisual chamada BAIONETA FLIMS adicada a produción de pequenas pezas no eido experimental e irreverente, e sobre todo moi cutre, usando os mínimos medios.

BAIONETA FLIMS é, posibelmente, o chanzo mais baixo do sector, e por iso o mais ceibe pra afrontar sen censuras nen complexos unha crítica estruturada e unha análise divertida e atrevida.

PROGRAMA

O proxecto estrutúrase en proxeccións de curtametraxes e documentais en tres sesións pola tarde, e unha serie de pequenos eventos, faladoiros e talleres periféricos. As pezas proxectadas inclúen unha presentación o inicio e unha charla o remate. O eixo dos encontros son @s profesionais da escea audiovisual.

O evento durará todo o día tendo varios puntos de exposición de pezas audiovisuais en monitores na galería e no local. Pequenas produtoras ou autores disporán de tempos e instalacións onde expoñer persoalmente a súas creacións ao público e á xente do sector. Haberá faladoiros técnicos dirixidos os profesionais pero abertos a tod@s. Exposicións de carteis e programas de festivais amais de música en directo amenizarán o evento.

PROGRAMA

11:00 Apertura das instalacións, presentación do acto con fotos.

12:00 -18:00 Faladoiros e talleres Proxeccións a pequenos grupos Presentacións de proxectos Pántalla aberta Música

18:00 -19:20 MEMORIA E VIDA Presentación Proxección Charla

20:00 -21:20 FICBUEU Presentación Proxección Charla

22:00 -23:30 ABELLA PRODUCCIÓNS Presentación Proxección Charla O espazo de proxección ten capacidade alomenos para unhas 40-50 persoas. Varios postos con un monitor e unha mesa poden estar nas galerías e outro no interior do local de xeito que poden simultanearse distintas actividades. O contacto directo entre creador@s, produtor@s e o público, e a posibilidade da exhibición a curta distancia comentando as obras establece un diálogo persoal que é o obxectivo dos encontros.

Esta entrada tiene un comentario

  1. Hola, esto es un comentario.
    Para empezar a moderar, editar y borrar comentarios, por favor, visita en el escritorio la pantalla de comentarios.
    Los avatares de los comentaristas provienen de Gravatar.

Comentarios cerrados.