A asociación nace para organizar actividades que veñen realizando desde hai tempo de maneira colectiva ou ben individualmente polos socios fundadores, e para promover novas actividades culturais.

Os socios somos residentes en Baiona e arredores e a maioría coñecémonos hai anos, aínda que temos a intención de ampliar círculos e integrar diferentes persoas e colectivos.

Os obxectivos da asociación contemplan actividades moi diversas, e dirixidas a xente de todas as condicións. As distintas actividades estruturaranse en grupos autónomos que se organizarán internamente, e que deben ser financiados polos integrantes. A asociación dispón dun pequeno local alugado para desenvolver os seus proxectos que pon ao dispor dos equipos de traballo. A asociación 7ª Onda axudará cos seus recursos, tanto humanos como económicos, ás actividades que desenvolvan os equipos, aínda que respectando a súa autonomía operativa.

O local da asociación será xestionado por un equipo formado por voluntarios, baixo a supervisión da xunta directiva, e o mantemento, limpeza e mellora do local, realizarase de maneira colectiva, creando un banco de horas.

Os horarios das actividades e os recursos organizaranse nun calendario revisable mensualmente, proposto pola xunta directiva e aprobado en asemblea.

As actividades expostas inicialmente para desenvolver o primeiro ano son as seguintes:

  • Produtora audiovisual
    • Produción de traballos audiovisuais
      • Curtos
      • Anuncios publicitarios
      • Series
      • Vídeo-clips musicais
    • Escola-taller
      • Guión
      • Rodaxe
      • Montaxe
      • Postproducción
    • Concursos
  • Emisora de radio en liña
  • Taller de música e son
  • Taller de informática e internet
  • Horto comunitario
  • Taller gastronómico
  • Cooperativa de consumo
  • Talleres de artesanía
    • Carpintería
    • Ebanistería
    • Deseño de xoias
    • Costura
    • Debuxo e pintura
    • Deseño gráfico
  • Organización de eventos
    • Comparsa de entroido
    • Posto na Arribada
    • Disfraces en San Maín
    • Proxeccións audiovisuais
    • Concertos e exposicións

As actividades axustaranse aos recursos dispoñibles e á participación dos socios, e a xunta directiva debe aprobar o inicio de calquera actividade e decidir a extinción as que considere esgotadas ou inviables. 7ª Onda promocionará todas as actividades entre os socios e simpatizantes.